Hermann, Jakob
Hermann, Jakob
Teólogo protestante neerlandés. Coñecido como Arminius, as súas doutrinas, polas que foi acusado de pelaxiano e sociniano, apareceron sistematizadas na Reexposición (1610). Conteñen a idea da compatibilidade entre a soberanía de Deus e a liberdade do home, e a afirmación de que Xesús Cristo morreu por todos os homes, non só polos elixidos. A polémica cos arminianos tomou un cariz político cando foron acusados de ser un partido proespañol. Foron condenados polo Sínodo de Dordrecht (1618-1619) e sufriron persecución. Influíron sobre o metodismo, dividido, desde Clevon, entre os partidarios de Wesley (arminiano) e os calvinistas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Oudewater, Utrecht -
Deceso
Lugar : Leiden