Herrmann, Bernard
Herrmann, Bernard
Compositor e director de orquestra. Estudiou na Julliard School de Nova York e foi director da orquestra da CBS (1938-52). Compuxo música para radio, televisión e cine. Deste último campo destacan a súa colaboración en filmes de Orson Welles e Alfred Hitchcock, como Citizen Kane (1940), The man who knew too much (1958), Vertigo (1958) e Psycho (1959). Tamén escribiu a ópera Wuthering Heights (1940-1952) e a cantata Moby Dick (1936-1938) sobre o texto de Melville.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nova York -
Deceso
Lugar : Los Angeles