Hertz, Heinrich Rudolph

Hertz, Heinrich Rudolph

Físico alemán. Discípulo e axudante de Hermholtz en Berlín e profesor en Karlsruhe e en Bonn, fixo experimentos para confirmar a teoría de Maxwell sobre o electromagnetismo. Inventou o oscilador e o resoador que levan o seu nome e descubriu as ondas electomagnéticas de baixa frecuencia (ondas hertzianas). En 1887 descubriu o efecto fotoeléctrico e investigou a natureza dos raios catódicos. Das súas obras destacan Die Prinzipien der Mechanik (Principios da Mecánica) e Über die Beziehungen zwischen Licht und Elektrizität (Sobre as relacións entre a luz e a electricidade).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Hamburgo

  • Deceso

    Lugar : Bonn