hicso -sa
-
adx
Relativo ou pertencente aos hicsos.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo hicso.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo nómade de orixe asiática que se estableceu na rexión do delta de Exipto desde a dinastía XII. O nome deriva da palabra exipcia hiqa khasut ‘xefe dos países estranxeiros’, denominación que se lles aplicou aos seus gobernantes. Malia que a súa orixe xeográfica non se estableceu con seguridade, aceptouse que deberon emigrar a Exipto desde o S de Palestina, e infiltráronse pacificamente no delta do Nilo durante a dinastía XIII. A finais do Imperio Medio conquistaron o delta oriental, as cidades de Avaris (1720 a C) e Memfis (1674 a C) e constituíron dúas dinastías, a XV, ou dos grandes hicsos, e a XVI. Ao tempo que introduciron o cabalo e o carro de guerra, asumiron as formas faraónicas e herdaron as estruturas comerciais preexistentes na zona, que converteron a Avaris nun complexo comercial. Mentres, o Alto Exipto, que inicialmente se declarou o seu vasalo, fortaleceuse lentamente e durante a dinastía XVII, con sede en Tebas, iniciou un movemento de oposición que rematou trala vitoria do Faraón Amosis sobre o soberano hicso Apopis III.