hidroxibenceno

hidroxibenceno

(< hidroxi- + benceno)

Nome científico: [C<sub> 6</sub> H<sub> 5</sub> OH]

Derivado monohidroxilado do benceno descuberto por Runge en 1834 no alcatrán de hulla. Obtense industrialmente, conxuntamente coa acetona, mediante o proceso Hock a partir do cumeno, segundo as reaccións:


FORMULA


C6H5SO3Na + 2NaOH → C6H5ONa + Na2SO3+ H2O


FORMULA2


2C6H5ONa + SO2+ H2O → 2C6H5OH + Na2SO3
Emprégase na obtención de resinas sintéticas e na produción doutras substancias como o nailon e determinados herbicidas. Na industria farmacéutica emprégase na preparación do ácido salicílico e da fenolftaleína. Tamén recibe o nome de ácido fénico ou ácido carbólico.