hiena
hiena
(
-
s
f
[ANIMAL]
Nome dado a diversos mamíferos da familia dos hiénidos, que pertencen aos xéneros Crocuta, Hyaena e Proteles. En xeral son de vida nocturna e aliméntanse de prea, aínda que tamén poden atacar animais vivos. A hiena manchada (Crocuta crocuta) habita en África, desde Sudán e Somalia ata Senegal e o Congo. A hiena raiada (Hyaena hyaena) habita no L de África e en Asia occidental. A hiena escura (Hyaena brumea) habita en África meridional. A hiena máis pequena pertence á especie Proteles cristatus, que habita no S e no L de África.
-
s
f
Persoa cruel.
Ex: Compórtase con todos coma unha hiena.