Hierro Sánchez-Pescador, José
Filósofo. Catedrático da Ciencia na Universidade Autónoma de Madrid, centrou os seus estudios en temas de semiótica, de lingüística e de epistemoloxía da linguaxe, para despois elaborar unha teoría filosófica do significado, o que implicou tratar o problema das relacións que ten a linguaxe coa lóxica, coa realidade e co suxeito falante. Ocupouse dos problemas das relacións entre a ideoloxía e a linguaxe. Explicou que é posible chegar a modificar as reglas do sistema da fala, semánticas, sintácticas ou morfofonémicas, por medio dunha práctica desviada suficientemente prolongada. Escribiu Problemas del análisis del lenguaje moral (1970), Principios de Filosofía del Lenguaje (1986) e Siginificado y verdad: ensayos de semántica filosófica (1990).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Granada