Hildegarda de Bingen, santa
Hildegarda de Bingen, santa
Bieita alemana. Coñecida como a sibila do Rin, fundou o mosteiro de Rupertsberg, preto de Bingen. Recolleu as súas visións no libro Sci vias Domini ou Liber Scivias (Coñece os camiños do Señor). Tamén escribiu o tratado de medicina Causae et curae. Na iconografía viste hábito de abadesa bieita e represéntase ditando a un escribán con cinco chamas vermellas sobre a testa. A súa festividade celébrase o 17 de setembro.
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso