Hildegunda
Hildegunda
[ONOM]
Antropónimo feminino de orixe xermánica (latinizado en Hildegunda ou Hildegundis), composto de dous sinónimos *hiltja- ou *hildi ‘combate’ e *gunth ‘combate’. Santa Hildegunda (s XII) fundou o mosteiro de Schönau, e a súa festa celébrase o 20 de abril.