Hildesheimer, Wolfgang
Hildesheimer, Wolfgang
Escritor e debuxante alemán. Pertenceu ao Grupo 47. É autor de destacadas obras radiofónicas, como Prinzessin Turandot (1954) e Das Opfer Helena (Helena a víctima, 1955); de teatro do absurdo, como Spiele, in denen es dunkel wird (Xogos, nos que se fai de noite, 1958), de novelas, como Lieblose Legenden (Narracións sen amor, 1952), Tyunset (1965) e Marbot (1981); e de reflexións, como Nachlese (1986).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Hamburgo -
Deceso
Lugar : Poschiavo, Suíza