hindú
(< persa hindū
-
arte hindú
[ARTE]
Arte desenvolvida ao servizo da relixión hindú. Xeograficamente desenvolvida en India, é utilitaria e de finalidade relixiosa, onde o artista se expresa por medio dun código preestablecido. As primeiras manifestacións aparecen no s IV, e o momento culminante produciuse coa dinastía gupta. Os santuarios escavados en rocha inspíranse estruturalmente nos búdicos (Ellorā e Bādāmi, s VII), e os templos, cunha cela e un mandapa ou gran sala comunitaria, teñen cubertas curvilíneas en vertical (Aihole, Bādāmi e Māmallapuram, ss VI-VIII; Brahamapuriśvar e Cidambaram, ss XII-XIII). A escultura e a pintura, sempre en función da arquitectura, son moi recargadas, con escenas de multitudes e representacións naturalistas (altos relevos de Māmallapuram, s VIII, Bhuvaneśvar e Kaljuroho, s XII; e pinturas de Ellorā, s VII, e Tanjore, s XI).