Hispania Citerior

Hispania Citerior

Provincia romana que recibiu este nome pola súa proximidade xeográfica a Roma e que comprendía inicialmente a costa mediterránea e o val do Ebro. Contou cun gobernador desde 197 a C e a súa capital foi Cartago Nova. En 27 a C Augusto estableceu unha nova división das provincias, pero a Citerior, que conservou os seus límites, pasou a denominarse Tarraconense e converteuse nunha provincia imperial. Durante o goberno do Emperador Caracalla separouse a provincia Hispania Nova Citerior Antoniniana, que comprendía o NO peninsular, da Tarraconense.