Hola!
Hola!
[PUBLIC]
Revista semanal que pertence á denominada “prensa do corazón”, que comezou a súa edición en Barcelona o 1 de setembro de 1944. Fundada por Antonio Sánchez Gómez, o seu impulso definitivo veu da man do seu redactor xefe Jaime Peñafiel a partir de 1965. Considerada como unha das revistas máis destacadas de Europa, inclúe información gráfica sobre acontecementos sociais da alta sociedade, especialmente no referente ás monarquías europeas. A comezos da década de 1990 iniciouse a publicación da versión inglesa Hello!, á que posteriormente se engadiu a francesa Oh la!