Holbein, Hans
Pintor, gravador e debuxante alemán. Coñecido como o Novo, frecuentou o círculo humanista de Basilea, onde ilustrou libros e pintou, entre outros retratos, B. Amerbach (1519), Cristo no sepulcro (1521), Erasmo (1523) e Virxe da familia Meyer (1526). En 1532 estableceuse en Inglaterra e converteuse en pintor de Enrique VIII, onde realizou ademais doutras obras, Os embaixadores (1533), Enrique VIII, O duque de Norfolk (1538) e Catherine Howard. Identificado co espírito humanista, relacionouse co grupo de Erasmo e de Thomas More. O seu pai e mestre, Hans Holbein o Vello (Augsburgo 1465-Isenheim 1524), realizou obras influenciadas polo Renacemento italiano, das que destacan o retablo para a igrexa dos dominicanos de Frankfurt (1500-1501), algúns retratos e numerosos debuxos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Augsburgo -
Deceso
Lugar : Londres