Hölderlin, Friedrich

Hölderlin, Friedrich

Poeta alemán. En Tübingen trabou amizade con Hegel e Shelling, e aproximouse ao idealismo. En 1793, en Jena, seguiu as leccións de Fichte e coñeceu a Goethe, Herder e Wieland. En 1797 apareceu o primeiro volume do seu Hyperion, e tres anos máis tarde rematou as Elexías e as versións de Sófocles, ao mesmo tempo que iniciaba a composición dos Himnos e traballaba as versións de Píndaro. En 1802 comezou a manifestar os primeiros síntomas da enfermidade mental que habería de ofuscalo definitivamente en 1805. A partir desta data traballou na carpintería Zimmer de Tübingen.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lauffen am Neckar, Württemberg

  • Deceso

    Lugar : Tübingen