Homel’
Homel’
Capital da oblast’ homónima, situada en Bielorrusia (503.718 h [1999]). Porto fluvial no río Sož, afluente do Dniéper, é tamén un núcleo industrial (maquinaria, fábrica de superfosfatos, mobles, papel e industria pesada) e un centro cultural. Do seu patrimonio cultural destacan as catedrais de San Pedro e San Paulo (s XVIII) e o palacio Pascevič (s XIX).