Hondt, sistema D’
Hondt, sistema D’
[POLÍT]
Fórmula electoral de distribución dos votos en escanos deseñada polo belga Victor d’Hondt. Coñecida tamén como representación proporcional á media máis alta, consiste na atribución ás listas cos cocientes máis altos dos escanos sobrantes trala división do número de votos entre o número de postos que se van cubrir. Este sistema facilita a formación de maiorías.