hortensia

hortensia

(

  1. s f [PLANTA]

    Arbusto caducifolio do xénero Hygrangea, da familia das saxifragáceas. As variedades máis significativas caracterízanse por teren as flores dispostas en inflorescencias, en forma de grandes corimbos terminais que se desenvolven a partir de xemas formadas o ano anterior. Aínda que a simple vista se perciben con tons rosa, crema, vermello e azul, en realidade son diminutas e de cor branca. Esta coloración débese ás brácteas que, co tempo, van perdendo esa tonalidade ata quedaren case brancas. As follas son ovais, opostas, dentadas e acuminadas e a súa cor é dunha tonalidade verde brillante. Orixinario de Xapón medra en climas con invernos suaves polo que está amplamente distribuído, sobre todo en Galicia e por toda a costa norte. Os botóns florais conxélanse con relativa facilidade polo que, a miúdo, en zonas frías do interior non se produce a floración. Este xénero comprende unhas 90 especies, pero as cultivadas proceden da hortensia común (H. macrophylla, H. hortensis).

  2. s f

    Flor desta planta.

  3. hortensia de inverno

    Planta herbácea perenne, de 15 a 40 cm de altura, cepa grosa, follas ovais e carnosas e flores dunha cor rosa agrupadas en acio denso. É orixinaria de Altai.