Hortensio/Hortensia
Hortensio/Hortensia
[ONOM]
Antropónimo procedente do latín Hortensius, e este derivado do substantivo hortus ‘horto’, ‘xardín’. Foi nome dunha gens que tivo o seu epónimo en Q. Hortensius Hortalus, célebre orador contemporáneo de Cicerón. Dende o s XVIII popularizouse fundamentalmente por mor do fitónimo (Hydrangea hortensia), procedente do latín Hortensia, como consecuencia dun proceso de deantroponimización ao evocar o nome de Hortense Lepaute, dama francesa a quen lle dedicou esta planta o naturista Commerson cando a trouxo de China. Santa Hortensia celébrase o 11 de xaneiro.