Hosoe, Eikoh

Hosoe, Eikoh

Fotógrafo xaponés. Estudiou no colexio de fotografía de Toquio (1951-1954). A súa primeira exposición titulouse An American Girl in Tokio (1956). Fotógrafo independente, traballou tamén como realizador cinematográfico e publicou seis libros en colaboración coa escritora Betty J. Lifton. As súas imaxes, poéticas e estilizadas, presentan grandes contrastes. Destacan os seus nus, as figuras eróticas e o seu interese pola arquitectura de Gaudí en España. Expuxo a súa obra no MOMA de Nova York e noutros museos do mundo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Yonezawa, Yamagata