hospedaxe

hospedaxe

(< hospedar)

  1. s f

    Acción de hospedar ou hospedarse.

  2. s f

    Lugar en que alguén se hospeda.

    Ex: Ten a súa hospedaxe na casa duns familiares. Construíron unha hospedaxe preto de aquí.

    Confrontacións: albergue, hostal, hotel, pensión.
  3. s f

    Cantidade de diñeiro que se paga por hospedarse nun lugar.

  4. s f [HIST/DER]

    Obriga que tiñan os vasalos durante a Idade Media de proporcionarlle ao seu señor feudal aloxamento durante as visitas que realizaba a cada un dos lugares sobre os que exercía o señorío.

Refráns

  • Ninguén seria mesoneiro, se non fose polo diñeiro.

Palabras veciñas

Hosoe, Eikoh | hospedador -ra | hospedar | hospedaxe | hóspede | hospedeiro -ra | hospedería