hospitalario -ria

hospitalario -ria

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos hospicios ou hospitais.

  2. adx
    1. Que acolle os seus hóspedes con amabilidade e hospitalidade.

      Ex: Os empregados do hotel foron moi hospitalarios.

    2. Que practica e manifesta hospitalidade.

      Ex: É unha zona de xente amable e hospitalaria.

    3. Aplícase ao lugar que é acolledor e en que se está ben.

      Ex: É aquel un val de clima benigno e hospitalario.

    1. adx

      Aplícase á institución que ten como principal obxectivo ofrecer albergue. OBS: Normalmente refírese a determinadas ordes relixiosas.

    2. hospitalaria do Sagrado Corazón [RELIX]

      Membro da congregación feminina fundada en 1881 por B. Menni, restaurador da orde dos hospitalarios de San Xoán de Deus.

    3. hospitalario de San Xoán de Deus

      Membro da orde dos Irmáns de San Xoán de Deus.