Houssay, Bernardo Alberto
Houssay, Bernardo Alberto
Médico e fisiólogo. Foi o fundador e director, ata 1946, do Instituto de Medicina Biolóxica e Experimental. Realizou importantes estudios sobre o metabolismo dos glícidos, a fisiopatoloxía da diabete e a actividade do lóbulo anterior da hipófise. É autor de moitos libros, entre os que, cabe destacar Fisiología humana (1945), que se publicou en nove idiomas e foi un dos libros básicos para o ensino. Recibiu, en 1947, xunto con C. e G. Cori, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polo descubrimento da hormona da pituitaria que se opon á acción da insulina.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bos Aires -
Deceso