Howeia
Howeia
[PLANTA]
Xénero de palmeiras pertencente á familia das palmáceas. Presenta flores femininas desprovistas de estaminodios e as masculinas presentan numerosos estames con anteras ergueitas. Coñécense dúas especies H. belmoreana e H. fosteriana, esta última está presente en Galicia como ornamental e coñécese polo nome de kentia.