Hoyos, Cristina

Hoyos, Cristina

Bailadora. Debutou moi nova en varios locais flamencos, ata que en 1968 entrou na compañía de Antonio Gades, na que permaneceu ata 1988. Posteriormente, fundou a súa propia compañía de baile. Entre os espectáculos e filmes nos que participou, cómpre destacar Bodas de Sangre (1981), Carmen (1983), El amor brujo (1985), Montoyas y Tarantos (1989), Yerma (1992) ou Tierra Adentro (2002). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional de Danza (1991), a Medalla de Oro de Andalucía (1991) e foi nomeada Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras de Francia (1997).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sevilla