Huici, Luís

Huici, Luís

Pintor, debuxante e gravador. Xastre de profesión, no seu taller da Coruña celebrábase un parladoiro no que participaban, entre outros, Álvaro Cebreiro, Manuel Crestar, Francisco Miguel Fernández Moratinos, Luís Seoane e Xosé Villaverde. Membro de Izquierda Republicana, foi presidente do grupo Amigos de las Artes Nuevas (ADLAN) e pertenceu ao Centro de Estudios Sociales Germinal. Fundou o primeiro cineclub da Coruña. Redactor de El Noroeste, colaborou, entre outras publicacións, en Alfar, Luz e La Zarpa. Morreu asasinado nos primeiros días da Guerra Civil Española.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Barballor, Zaragoza

  • Deceso

    Lugar : A Pastoriza, Arteixo