Humboldt, corrente de
Humboldt, corrente de
Corrente mariña fría (entre 15 °C e 19 °C) do Océano Pacífico que circula paralela á costa occidental sudamericana ata achegarse ao ecuador, onde vira cara ao O para penetrar no Océano Pacífico. Leva en suspensión grandes cantidades de plancto e tamén de peixes, que á súa vez favorecen a existencia de inmensas colonias de aves mariñas que producen o guano que cobre as plataformas costeiras. Tamén é coñecida como corrente de Perú.