huno -na

huno -na

(< lat Hunnu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos hunos.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo dos hunos.

  3. s m [ETN/HIST]

    Pobo de pastores nómade de etnia mongola, que se distribuían en tribos como as heftalitas e as kidaritas. Cara ao 350 cruzaron o Volga e derrotaron os alanos, ostrogodos e visigodos. Despois de forzar o limes romano do Danubio invadiron   o SL de Europa (376) e crearon un enorme imperio. Os diferentes grupos unificáronse baixo o caudillo Ruas (434), sucedido polos seus sobriños Bleda e Atila. Durante o reinado de Atila (434-453) acadaron a súa máxima expansión, pero trala súa morte o reino dividiuse entre os seus fillos e disgregouse.

Palabras veciñas

Hunedoara | húngaro -ra | Hungría | huno -na | HUNOSA | Hunsdiecker, reacción de | Hunsrück