Hus, Jan
Hus, Jan
Teólogo e predicador checo. Rector da Universidade de Praga (1402-1414), predicou en checo. Asumiu as doutrinas do inglés John Wycliffe, condenadas despois por Alexandre V (1409). En 1412 pronunciouse contra a indulxencia de cruzada concedida polo papa contra Ladislau de Nápoles, e tivo que exiliarse. Durante o seu exilio redactou o tratado De ecclesia (1413), en que presentou á Igrexa como a comuñón dos predestinados. Convocado o Concilio de Constanza (1414), quixo acudir a expresar persoalmente as súas doutrinas, dereito que se lle concedeu, malia estar excomungado. As súas doutrinas foron condenadas como heréticas e as autoridades seculares executárono na fogueira.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Husinecz, Bohemia -
Deceso
Lugar : Constanza