Husserl, Edmund

Husserl, Edmund

Filósofo alemán. Considerado o fundador da escola fenomenolóxica, foi profesor nas universidades de Halle, Göttingen e Friburgo de Brisgovia (1916-1928). Considerou o fenómeno como a realidade mesma, tal como é dada ao home inmediatamente no coñecemento. Deu a descrición do contido ideal deste coñecemento, as esencias das cousas e introduciu a problemática crítica do epokhé. Transformou definitivamente a antiga fenomenoloxía das esencias nunha fenomenoloxía transcendental e enfatizou a redución transcendental. Entre as súas obras destacan Logische Untersuchungen (Investigacións lóxicas, 1900-1901), Ideen zu einer reinen Phänomenologie und phänomenologische Philosophie (Ideas relativas a unha fenomenoloxía pura e a unha filosofía fenomenolóxica, 1913), Formale und transzendentale Logik (Lóxica formal e transcendental, 1929) e Méditations cartésiennes (1931).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Prossnitz, Moravia  

  • Deceso

    Lugar : Friburgo de Brisgovia