Huston, John
Huston, John
Realizador e actor cinematográfico estadounidense. Na maior parte dos seus filmes pódese apreciar unha meditación sobre a validez do esforzo e a fatalidade do azar. En 1948 obtivo o Oscar á mellor dirección por The Treasure of Sierra Madre (1947), e en 1953 foi premiado en Cannes por Moulin Rouge. Dirixiu tamén The Maltese Falcon (1942), The Asphalt Jungle (1950), The African Queen (1952), Moby Dick (1954-56), The Night of the Iguana (1964), Fat City (1971), The Man who Would Be a King (1975), Under the Volcano (1983), Prizzi’s Honor (1985) e The Dead (1987).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nevada, Missouri -
Deceso
Lugar : Newport, Rhode Island