Hygrophoropsis

Hygrophoropsis
[FUNGO]

Xénero de fungos pertencente á familia das higroforopsidáceas. Caracterízase por presentar láminas de color moi alaranxada na madureza, ás veces o sombreiro presenta forma de funil. A especie presente en Galicia é H. aurantiaca, coñecida por falsa cantarela, que se caracteriza por ter carpóforos moi delgadiños, laminiñas verdadeiras, delgadas, co pé case amarelo ou pardo escuro. Habita os bosques de coníferas.

Palabras veciñas

Hydrolagus | Hydropotes | Hygrocybe | Hygrophoropsis | Hygrophorus | Hyla | hyle*