Hygrophorus

Hygrophorus
[FUNGO]

Xénero de fungos basidiomicetos da familia das higroporáceas con láminas espesas, espaciadas, de aspecto ceroso e con sombreiro xeralmente viscoso de 3 a 5 cm de diámetro. Habitualmernte crecen sobre colchóns de mofo; algunhas especies asócianse mediante ectomicorrizas con raíces de piñeiros e ameneiros. Algunhas especies son comestibles.

Palabras veciñas

Hydropotes | Hygrocybe | Hygrophoropsis | Hygrophorus | Hyla | hyle* | Hylobates