Iaşi

Iaşi

Capital do judeţ homónimo de Romanía (348.489 h [1999]). Núcleo industrial, comercial e cultural, é sede dunha universidade fundada en 1860. Antiga capital de Moldavia, foi o centro administrativo, intelectual e relixioso de Romanía do 1565 ao 1858. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas dos Tres Xerarcas (s XVII) e a de Golia (s XVII).