Ibsen, Henrik

Ibsen, Henrik

Dramaturgo noruegués. Iniciou a súa obra con Catilina (1850) e consolidouse con Brand (1866). Dunha gran penetración psicolóxica e dunha técnica dramática moi afinada, creou unha obra de grande influencia no teatro posterior, catalogable en tres fases. Na primeira fase, de tema histórico e folclórico, moi poética, creou Brand e Peer Gynt (1867). Na segunda, marcada por un forte realismo, abordou temas sociais conflitivos, en Samfundets støtter (1877), unha defensa da verdade; en Gengangere (1881) e Hedda Gabler (1890) analizou a situación conflitiva da muller na sociedade; e en En folkefiende (1882) defendía a verdade fronte ao idealismo. O simbolismo domina a terceira fase nas obras John Gabriel Borkman (1896) e Nar vi døde vagner (1899).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Skien, Telemark

  • Deceso

    Lugar : Cristianía, actual Oslo