Icaria

Icaria

Illa imaxinaria onde Étienne Cabet sitúa a acción da súa novela filosófica Voyage en Icarie, descrición dun país no que se practicaba o comunismo, que espertou un grande entusiasmo entre a clase obreira de Francia na década de 1840. En 1847 Cabet realizou unha chamada aos seus seguidores europeos para que participasen na fundación dunha Icaria en EE UU. O primeiro intento, no estado de Texas, fracasou totalmente; a segunda tentativa, en Nauvoo (Illinois), acabou coa expulsión do propio Cabet, que morreu de apoplexía ao pouco tempo (1856).