Icía

Icía
[ONOM]

Antropónimo feminino que deriva do adxectivo latino caecus ‘cego’, ou dalgún nome propio etrusco, como Caécina, dada a acentuación primitiva na primeira sílaba (Caécilius). Presenta as variantes Cecía, Cilla, Cecilia/Cecilio e os hipocorísticos Cía e Sía. Santa Icía de Roma (s III), patroa dos músicos, celébrase o 22 de novembro.