Icía de Roma, santa

Icía de Roma, santa

Virxe e mártir cristiá de dubidosa autenticidade. Casou co patricio romano Valeriano (232?), que se converteu e respectou a súa virxindade. Ela e o seu irmán Tiburcio pedíronlle o bautismo a santo Urbán e por iso foron condenados á pena capital e martirizados. Foi venerada en Roma desde finais do s V e o seu culto en Hispania remóntase ao s X. Desde finais do XV é considerada patroa dos músicos, en especial da música relixiosa. Baixo a súa advocación fundáronse congregacións, confrarías profesionais de músicos e asociacións de concerto. Na iconografía viste túnica e manto das doncelas romanas, con coroa real ou de flores; desde finais da Idade Media empezou a representarse tocando e cantando, por iso adoita levar como atributos persoais un instrumento musical, como un órgano, arpa, clavecín ou violoncelo. O Papa san Pascual I (817-824) trasladou as súas presuntas reliquias á igrexa de Santa Icía de Trastevere (Roma). A súa festividade celébrase o 22 de novembro.