iconoloxía

iconoloxía

(< gr εἱκονολογία)

s f [ARTE]

Ciencia auxiliar da Historia da Arte que dá un sentido interpretativo á obra de arte. Orixinada no primeiro terzo do s XX, na escola fundada por Aby Warburg en Hamburgo e trasladada a Londres en 1934, define os significados intrínsecos dos temas estudiados pola iconografía. Estes significados dependen da época, do contorno social e das tradicións que cualifican inconscientemente o artista e que se reflicten na súa obra, considerada testemuño-documento da época. Destacaron F. Saxi, E. Panofsky e E. H. Gombrich.

Palabras veciñas

iconólatra | iconolatría | iconólogo -ga | iconoloxía | iconómetro | iconoscopio | iconostasio