iconoscopio
iconoscopio
(< icono- + -scopio)
s
m
[COMUN]
Tubo analizador de imaxe ideado en 1928 por V. K. Zworykin. Foi o primeiro que empregou a integración fotoeléctrica e substituíu os sistemas de exploración mecánica. Consiste nun canón electrónico que xera un feixe de electróns para a exploración da superficie dun mosaico fotosensible. Ao ser iluminado o mosaico, a imaxe luminosa fica acumulada en forma de imaxe electrostática. O feixe electrónico explórao, liña por liña, e de arriba a abaixo, e xérase así unha corrente que constitúe o sinal de vídeo. Unha mellora deste tubo é o iconoscopio de imaxe, que produce unha ganancia 10 veces superior.