Iglesia González, Antonio María de la

Iglesia González, Antonio María de la

Escritor e mestre. Catedrático de Retórica e Poética no colexio de segundo ensino da Coruña e director da Escola Normal de Santiago, exerceu desde 1851 como inspector de ensino primario. Fundador e director da revista Galicia (1860-1865), xunto co seu irmán Francisco, publicou nela o primeiro Dicionario gallego-castellano (1863), redactado por Francisco X. Rodríguez e ordenado polo propio Antonio de la Iglesia. Tamén colaborou con contos e poemas en numerosos periódicos e revistas da época. Integrante da segunda xeración provincialista, ademais de impulsar a celebración dos Xogos Florais da Coruña (1861), compuxo numerosas poesías que se incluíron no Álbum de la Caridad e publicou El idioma gallego. Su antigüedad y su vida (1886), a primeira escolma da literatura galega aparecida no Rexurdimento e coa que o autor tentaba amosar a importancia do galego como lingua.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela

  • Deceso

    Lugar : A Coruña