Iglesia González, Francisco María de la
Mestre e poeta. Influenciado pola obra de Rosalía, Curros e Pondal, formou parte da segunda xeración provincialista de poetas. Exerceu como mestre na Escola Práctica anexa á Normal da Coruña e, desde 1865, na Escola Normal de mestras. Fundador e director de El Diario de Galicia (1856), o 1 de outubro de 1860 fundou, en colaboración co seu irmán Antonio, a revista Galicia. Ademais, colaborou cos seus artigos e composicións poéticas en numerosas publicacións da época. Creador da sociedade Folk-lore Gallego, fundou en 1891 a Asociación Regionalista da Coruña. Da súa obra cómpre destacar o poema Galicia (1861), co que conseguiu o primeiro premio dos Xogos Florais da Coruña; o primeiro drama escrito en galego, titulado A fonte do xuramento (1882); e unha recompilación póstuma de poesías Do mar e da terra (1930), realizada por Gumersindo Placer.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela -
Deceso
Lugar : A Coruña