Igüeña
Igüeña
Municipio situado na comarca do Bierzo, na provincia de León, Castela-León (1.824 h [2001]). Destacan os bosques de carballos e piñeiros e as minas de hulla e antracita. A economía baséase na agricultura e na gandería. Do seu patrimonio cultural destaca o conxunto histórico de Colinas del Campo de Martín Moro Toledano, declarado Ben de Interese Cultural en 1994.