Île-de-France
Île-de-France
Rexión administrativa de Francia que comprende os departamentos de Essonne, Hauts-de-Seine, París, Seine-et-Marne, Seine-Saint-Denis, Val-de-Marne, Val-d’Oise e Yvelines (12.012 km2; 10.952.011 h [1999]). A capital é París. Ata a Guerra dos Trinta Anos (1618-1648) constituía o núcleo territorial do Reino de Francia, baixo o dominio real dos Capetos. No s XVI converteuse en provincia francesa.