Ilegal
Ilegal
[IMAX]
Produción cinematográfica galega realizada en 2002 e producida por Interacción CIM para Vía Láctea Filmes. Foi dirixida por Ignacio Vilar e interpretada por Lucía Jiménez, Chisco Amado e Chete Lera, entre outros. Este filme narra a historia de dous reporteiros que queren facer o traballo das súas vidas descubrindo a mafia ilegal que transporta inmigrantes cara a Europa. Estreada en xaneiro de 2003, foi nominada a oito premios Mestre Mateo 2002.