ilirismo
ilirismo
s
m
[HIST]
Movemento de integración lingüística, literaria e política que xurdiu na segunda metade do s XIX en Croacia, da man dos eslavos do S (croatas, eslovenos, serbios de Vojvodina e eslavos de Bosnia-Herzegovina) dominados polo Imperio Austro-húngaro. A súa intención era a de crear unha nacionalidade común que integrase os eslavos da antiga Iliria. Constituíu o precedente da creación de Iugoslavia trala Primeira Guerra Mundial (1914-1918).