Illich, Ivan
Pedagogo. Realizou estudios eclesiásticos de filosofía e teoloxía en Roma e doutorouse en Historia na Universidade de Salzburgo. En 1951 foi a EE UU, onde exerceu de sacerdote católico durante cinco anos. De 1956 a 1960 foi vicerrector da Universidad Católica de Puerto Rico, en Ponce, de onde foi a México (1961) e fundou en Cuernavaca o Centro Intercultural de Documentación (CIDIC). Desde o CIDIC abriu unha perspectiva crítica de análise dos sistemas e das políticas educativas capitalistas, propoñendo que se deberían instaurar novas iniciativas de desenvolvemento cultural educativo nos países do Terceiro Mundo. Nesa orientación, destaca a súa obra Deschooling Society (1970), que acadou un grande impacto mundial pola creatividade e riqueza crítica das súas análises.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Viena -
Deceso
Lugar : Bremen