Illyés, Gyula

Illyés, Gyula

Dramaturgo, novelista e tradutor húngaro. Nos primeiros anos da década de 1930 foi un dos iniciadores do movemento dos escritores populistas. Inscribiuse nesta tendencia a súa prosa sociográfica Puszták népe (A xente das granxas, 1936) e a súa primeira poesía, centrada na terra natal e na súa xente. En 1936 publicou Petöfi. As súas primeiras novelas nútrense dos recordos da xuventude, Koratavasz (Inicios da primavera, 1941) e Hunok Párizsban (Os hunos en París, 1946). Escribiu dramas inspirados nos acontecementos decisivos da historia nacional, entre os que cómpre destacar Fáklyaláng (A chama da tea, 1953), Tiszták (Puros, 1969), onde tratou a problemática das nacións pequenas, e Testvérek (Irmáns, 1972). Despois da Segunda Guerra Mundial cultivou unha poesía de compromiso cívico e nacional. Konok kikelet (Primavera porfiadora, 1981) é unha antoloxía da súa obra anterior.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Rácegrespuszta, Tolna

  • Deceso

    Lugar : Budapest