Ilustrísima
Ilustrísima
[LIT]
Terceira novela de Carlos Casares editada en 1980. O protagonista, un bispo dunha diocese galega a principios do s XX, amosa a súa emoción diante da aparición na vila do primeiro cinematógrafo. Por contra, a maior parte dos membros da Igrexa opóñense á incorporación deste tipo de inventos que cren prexudiciais para o pobo. O enfrontamento entre a tolerancia do bispo e o fanatismo do resto da curia marcan o desenvolvemento da obra. Do seu conxunto destaca a capacidade do autor para o deseño dos personaxes, do ambiente e da vida da época.