ilustre

ilustre

(

  1. adx

    Que posúe gran renome polas súas calidades, os seus actos ou a súa orixe.

    Ex: É un escritor ilustre que provén dunha nobre liñaxe.

    Sinónimos: eminente, insigne. Confrontacións: célebre, notable.
  2. adx

    Tratamento de dignidade que se lles daba aos primeiros dignatarios do Imperio Romano, aos reis medievais e aos ricos homes. Por extensión, aplicouse aos fillos non primoxénitos dos monarcas e aos membros de corporacións nobiliarias. A partir do s XVII substituíuse polo tratamento de ilustrísima. OBS: Tamén se emprega precedido do adverbio moi.